You are here

O Profesor Beiras, relator na próxima conferencia Virtual Polymers-2021

Ricardo Beiras, investigador principal e líder do grupo de investigación ECOTOX, participará como relator convidado na "III edición virtual de polímeros, plásticos e compostos" (Virtual Polymers-2021). Virtual Polymers-2021 terá lugar do 11 ao 12 de maio de 2021 e a intervención do prof. Beiras centrarase, entre outros, nun dos últimos artigos publicados por ECOTOX, titulado "Aquatic toxicity of chemically defined microplastics can be explained by functional additives".

Para máis detalles, visite o sitio web do evento en https://polymers-plastics.org/webinar/

© 1995 - 2021 Equipo de investigación ECOTOX.