You are here

Proxectos

2020

ECOPLAS

EVALUACIÓN ECOTOXICOLÓXICA DE POLÍMEROS RECICLABLES E BIOPOLÍMEROS (PID2019-108857RB-C32)

Entidade financiadora: Ministerio de Ciencia e Innovación

Entidades participantes: Universidade de Vigo, Universidade da Coruña (grupo QANAP, coordinador do proxecto)

Coordinador na UVigo: Ricardo Beiras, Catedrático de Ecoloxía

Inicio: 01/06/2020            

Duración: 36 meses (2020 - 2023)

En proxectos anteriores, nomeadamente ARPA-ACUA, comprobamos que os polímeros que compoñen os plásticos convencionais (polietileno, nylon, PVC, etc) son totalmente inocuos, en termos ecotoxicolóxicos, mentres que certos aditivos funcionais que se usan para conferir mellores propiedades mecánicas aos obxectos fabricados con estes polímeros si poden levar asociados riscos químicos e resultar tóxicos para os organismos acuáticos. A toxicidade dos plásticos non radica nas partículas de plástico en si mesmas senón nos aditivos lixiviados á fase acuosa, polo que a investigación ecotoxicolóxica a priori destes aditivos pode fornecer información moi valiosa á industria do plástico para fabricar materiais inocuos.

Por outra banda neste novo proxecto ECOPLAS, poñemos o foco especialmente nos biopolímeros, que ao revés que o plástico convencional derivado do petróleo, fabrícase a partir de material biolóxico con obxecto de que sexa potencialmente biodegradable. A nosa colaboración co grupo de química ambiental QANAP da UDC, que coordina o proxecto, permite identificar as substancias químicas tóxicas emitidas polos plásticos no medio acuático.

As nosas investigacións no marco deste novo proxecto céntranse en biopolímeros tipo PHB (polihidroxibutirato) e PLA (poli-ácido láctico). Para o primeiro temos indicios de que presenta un mecanismo de toxicidade acuática diferente, non derivada do lixiviado de aditivos senón da liberación de micro e nanopartículas que resultan tóxicas para os organismos xa antes do aditivado. Debemos pois ser moi cautos e estudar en profundidade o posible impacto ambiental dos biopolímeros antes de recomendar a substitución de polímeros convencionais por biodegradables.

 

GLAUKOS - Solucións circulares para a industria textil

O proxecto Glaukos axudará ás industrias de materiais téxtiles e pesqueiros na súa transición cara a un modelo circular, onde se maximice o reciclaxe, se mitigue a fuga de (micro)plásticos ao medio ambiente e se use biomasa de orixe  renovable como materia prima virxe. (número de referencia do proxecto: 887711).

Coordinador: Planta Piloto Europea Biolóxica (BBEPP, polas suas siglas en inglés)

Duración do proxecto: 48 meses (desde xuño de 2020)

Custo total do proxecto: 4.185.880 €

O proxecto Glaukos * desenvolverá innovadoras fibras téxtiles, e os seus revestimentos, que compatibilizen un excelente rendemento ambiental coas características técnicas adecuadas. Os traballos centraranse nos dous principais contribuíntes á contaminación por (micro)plásticos nos nosos océanos como son as artes de pesca e a roupa / téxtil. O obxectivo é redeseñar o ciclo de vida completo destes téxtiles, mellorando o seu rendemento de sustentabilidade (é dicir, biodegradabilidade e bio-reciclabilidade), pero sen esquecer que os requisitos técnicos dos materiais e produtos finais cumpran cos demandados polo usuario final.

Glaukos baséase en i) a biodegradabilidade desencadeable como concepto clave no deseño de polímeros, para mitigar a contaminación por (micro)fibras e ii) o biociclado, como solución sostible de final de vida. Ademais, reducirase substancialmente a distancia da cadea de subministración, obtendo a unidade base do polímero (ácido itacónico) de varias fontes de biomasa e mediante un modo de produción disruptivo.

O obxectivo subxacente en Glaukos é reducir as pegadas de carbono e plástico da roupa e materiais de pesca.

(* Glaukos é o deus grego do mar para os pescadores. Crese que protexía os océanos e esa é a ambición última deste proxecto, ao desenvolver alternativas innovadoras aos téxtiles que contaminan actualmente os nosos océanos)

 

Máis información:

Sitio web do proxectohttps://www.glaukos-project.eu/

 

2019

ARPA-ACUA

ALTERNATIVAS AMBIENTALMENTE RESPETUOSAS PARA POLIMEROS E OS SEUS ADITIVOS QUIMICOS EN MEDIO ACUATICO. (CTM2016-77945-C3)

Entidade financiadora: Ministerio de Economía e Competitividade.

Entidades participantes: Universidade de Vigo (Coordinador), Universidade da Coruña e Centro Tecnológico AIMPLAS

Coordinador: Ricardo Beiras, Catedrático de Ecoloxía

Concesión: 30/12/2016            

Duración: 36 meses (2016 - 2019)

Importe: 403.560 €

Os plásticos son  polímeros sintéticos de enorme utilidade en tódolos campos das actividades humanas polo que a súa produción global alcanza na actualidade os 300 millóns de toneladas ao ano, das que unha boa parte ten como destino final os ecosistemas acuáticos. Aínda que os  polímeros son completamente  inocuos, os obxectos de plástico levan na súa composición para conferirlles as propiedades desexadas centos de aditivos químicos diferentes (plastificantes,  retardantes de chama,  modificadores de impacto e  estabilizantes fronte á radiación  ultravioleta e os microorganismos, etc), algúns dos cales presentan controversia polos seus efectos tóxicos sobre os seres vivos e moi especialmente sobre o sistema  endocrino. Estes aditivos non van ligados  covalentemente ás cadeas do  polímero e  lixivian no medio acuático con facilidade durante os procesos de envellecemento do plástico suxeito ás condicións ambientais unha vez vertidos á auga.

O proxecto ARPA-ACUA pretende contribuír á selección de alternativas ambientalmente respectuosas no referente á composición química dos devanditos  polímeros, con obxecto de minorar o impacto ecolóxico destes materiais e minimizar os seus potenciais efectos nocivos para o ambiente e a saúde. O proxecto combina a  ecotoxicoloxía, a química ambiental e a ciencia de materiais, co dobre obxectivo de, por unha banda, seleccionar aditivos de utilidade para a industria que presenten menor impacto sobre o medio acuático de acordo a probas ecotoxicolóxicas con organismos mariños sensibles, e doutra banda, realizar unha avaliación a priori do risco ambiental de  bioplásticos alternativos de menor persistencia e toxicidade. Os resultados do proxecto conferirán vantaxes competitivas á industria española do plástico considerando a crecente demanda destes novos tipos de plásticos ambientalmente  inocuos a escala global.

Entregable T1,E1: Parámetros de Toxicidade de Aditivos Químicos de Plásticos [pdf] (es)

Entregable T2,E4: Review Endocrine disruption in echinoderms [pdf] (en)

 

 

2018

REPESCAPLAS logo_repescaplas

Valorización material de residuos plásticos recuperados do mar: caracterización, aplicacións e desenvolvemento de producto (RepescaPlas) 2017-2018.

Entidad Financiadora: Fundación Biodiversidad – Programa Pleamar

Coordinador: AIMPLAS

Socios: Fundación Global Nature, Asociación Vertidos Cero, Universidade de Vigo y Cofradía de Pescadores de Gandía.

 

 

FASE 2:logo_repescaplas2

Duración: 12 meses (2018-2019)

Coste Total: 166.631 €

Actividad 4.3:Revisión: Efectos ecológicos de macro-, meso- y microplásticos [pdf] (es)

  logo_financiacion

Máis información: https://programapleamar.es/repescaplasesiduos (es)

Noticias Ecotox: Repescaplas Plásticos Recuperados del Mar

 

FASE 3:   

Duración: 12 meses (2019-2020)

Coste Total: N/D

Actividad 4.4: Ensayos ecotoxicológicos de los residuos marinos y de sus productos obtenidos

logo_financiacion

Más informaciónhttps://www.programapleamar.es/proyectos/repescaplas-3-valorizacion-material-de-residuos-plasticos-recuperados-del-mar-protocolo-de (cast)

 

2016

EPHEMARElogo_1_-_no_text.png

Ecotoxicological Effect of Microplastics in Marine Ecosystems (EPHEMARE) 2016-2019.

Informe final: [pdf] (en)

Tríptico: [pdf] (en)

Máis información: http://www.jpi-oceans.eu/ephemare

 

2013

IMPACTAlogo_impacta.jpg

Impacto dos microplásticos, contaminantes regulados e emerxentes en ecosistemas mariños e establecemento dos seus criterios de calidade ambiental  (IMPACTA) 2013-2016.

Tríptico: Criterios de Calidade Ambiental en Augas Mariñas [pdf] (es)

Máis información: http://impacta2014.blogspot.com.es

 

2011

TEAM MINHO logo_team_minho.jpg

Transferencia de ferramentas para a Avaliación, Ordenación, Xestión e Educación Ambiental en Esteiros (TEAM MINHO) 2011-2013.

Máis información: http://www.team-minho.eu

Ir arriba

© 1995 - 2020 Equipo de investigación ECOTOX.