A limpeza das augas é un requirimento indispensable para extraer alimentos de calidade, e un elemento esencial para garantir a seguranza alimentaria do peixe e mariscos galegos.
Na actualidade a protección do medio mariño costeiro debe seguir o marco lexislativo europeo establecido pola Directiva Cadro de Augas (DCA) (Directiva 2000/60/CE), a Directiva de Estratexias Mariñas (Directiva 2008/56/CE), e as normas de calidade de auga para sustancias prioritarias actualizadas na Directiva 2013/39/UE.
Ecotox, en colaboración coa Unidade de Calidade Ambiental da ECIMAT, ofrece os siguintes servizos de consultoría en Calidade de augas e control da contaminación química e microbiolóxica.
1. CLASIFICACIÓN DO ESTADO ECOLÓXICO DAS MASAS DE AUGA DACORDO A DCA
A DCA establece para os indicadores biolóxicos 5 categorías de calidade (alta, boa, moderada, pobre e mala), de menor a maior alteración humana das condicións de referencia naturais, co seu correspondente código de cores. A equipa ECOTOX adaptou os principais bioensaios ecotoxicolóxicos para a súa aplicación a augas costeiras e de transición no marco desta directiva (Táboa 1).
Ourizo de mar | Anfípodos | Copépodos | Bivalvos | Dafnia | Microalgas | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Categorías | PNR | Toxicidade | Mortalidade(%) | Toxicidade | Mortalidade(%) | Toxicidade | Mortalidade(%) | Toxicidade | Mortalidade(%) | Toxicidade | Mortalidade(%) | Toxicidade |
ALTA | >0.879 | Ausencia | ||||||||||
BOA | 0.879–0.649 | Ausencia | <30 | Baixa | <10 | Baixa | <20 | Ausencia | <10 | Baixa | ||
MODERADA | 0.649–0.508 | Indicios | 30-40 | Indicios | 10-30 | Indicios | 20–30 | Indicios | 10-30 | Indicios | ||
POBRE | 0.508–0.240 | Relevante | 40-60 | Considerable | 30-50 | Considerable | 30-50 | Considerable | 30-50 | Considerable | ||
MALA | <0.24 | Alta | >60 | Moi Alta | >50 | Moi Alta | >50 | Alta | >50 | Moi Alta |
2. AVALIACIÓN DE RISCO A PRIORI DE NOVAS SUSTANCIAS QUÍMICAS E MATERIAIS, E PROPOSTA DE NORMAS DE CALIDADE DE AUGA
Dacordo ao protocolo REACH, o set básico de datos de toxicidade acuática dunha sustancia química está constituído por probas de toxicidade con organismos de tres niveis tróficos: Nivel trófico I (microalgas), Nivel trófico II (invertebrados), Nivel trófico III (peixes):
Nivel Trófico I | Nivel Trófico II | Nivel Trófico III | |
---|---|---|---|
Mariñas |
Isochrysis spp., Phaeodactylum spp. ISO 10253:2007 |
Paracentrotus lividus ICES TIMES Nº51 Acartia spp. ISO 14669:1999 |
Cyprinodon variegatus US-EPA 821-R02-014 |
Continentais |
Pseudokirchneriella spp., Desmodesmus spp. OECD Prueba Nº201 |
Acartia spp. ISO 6341:1996 |
Danio rerio OECD Prueba Nº236 |
3. BIOENSAIOS PARA A CARACTERIZACIÓN DO MATERIAL DRAGADO EN PORTOS
A xestión de materiais dragados en España debe seguir as recomendacións das Directrices para la caracterización del material dragado y su reubicación en aguas del dominio público marítimo-terrestre. COMISIÓN INTERMINISTERIAL DE ESTRATEGIAS MARINAS 2014, que inclúen a avaliación da toxicidade dos materiais mediante os bioensaios da bioluminiscencia bacteriana, ourizo de mar e anfípodos:
Test Previo de Toxicidade (TPT) (con bacterias) |
Bioensaio en Fase Líquida (con ourizos) |
Bioensaio en Fase Sólida (con anfípodos) |
|
---|---|---|---|
Bioluminiscencia con Vibrio fischeri (MICROTOX) ISO 11348-3:2007 |
Test de fertilización con Paracentrotus lividus | Test de embrioxénesis con Paracentrotus lividus | Test de supervivencia con Corophium sp. |
4. ANÁLISE MICROBIOLÓXICA DE AUGAS DE BAÑO
La Directiva 2006/7/CE establece como requisito microbiológico mínimo para autorizar o baño en augas costeras y de transición <500 UFC E. coli por 100 mL. ISO 9308-1:2014.
© 1995 - 2024 Equipo de investigación ECOTOX.