2020
LABPLAS
LAnd-Based Solutions for PLAStics in the Sea (H2020, nr. de referencia do proxecto: 101003954)
Entidade financiadora: Comisión Europea
Coordinator: Universidade de Vigo
Duración: 48 meses (inicio: 01/06/2021)
Custe total do proxecto: 5.011.111 €
Na actualidade recoñécese que a contaminación por plásticos no mar ten principalmente fontes terrestres. Dezaseis socios de institucións académicas, públicas e privadas uníronse en LABPLAS, sumando coñecementos en avaliación da contaminación, modelado ambiental, química ambiental, oceanografía, hidroloxía, paleoecoloxía, ecoloxía do solo, microbioloxía, enxeñaría da auga, nanotecnoloxía, economía e transferencia de coñecemento. Estes expertos fan equipo co obxectivo de rastrexar as fontes de plástico no medio ambiente, proporcionando ás autoridades europeas o coñecemento prenormativo necesario para loitar contra a contaminación por plásticos en base a argumentos científicos sólidos, e á industria coa información ecotoxicolóxica necesaria para producir produtos inocuos no contexto dunha economía circular. Cómpre concentrarse nos micro e nanoplásticos pequenos (SMNP) (<100 µm) actualmente non monitorizados, xa que os plásticos procedentes de fontes terrestres fragmentanse en partículas cada vez máis pequenas cuxa biodisponibilidade e impacto aumenta a medida que o tamaño das partículas diminúe.
Ficha técnica de LABPLAS: https://cordis.europa.eu/project/id/101003954
Páxina web: https://labplas.eu/
RESPONSE
Towards a risk-based assessment for microplastic pollution in marine ecosystems: RESPONSE
Entidade financiadora: JPI Oceans (https://www.jpi-oceans.eu/)
En España, financiamento vía a Axencia Estatal de Investigación (AEI), referencia: PCI2020-112110 / AEI / 10.13039/501100011033
Coordinador: Universitâ Politecnica delle Marche (Ancona, Italia)
Inicio: 01/09/2020
Duración: 36 meses
Custe total do proxecto: 2.633.000 €
O proxecto RESPONSE está apoiado por un consorcio de 14 institucións europeas con experiencia en oceanografía, química ambiental, ecotoxicoloxía, ecoloxía experimental e modelado e centrarase en investigar e responder a cuestións clave como son i.) cál é o destino e ii.) cáles os efectos biolóxicos dos micro- e nanoplásticos (MP e NP) nos ecosistemas mariños.
Estudando a dinámica do transporte hidrolóxico, identificaranse as posibles zonas de acumulación nos ecosistemas costeiros europeos; analizarase a abundancia e o tipo de micro- e nanoplásticos atopados en especies mariñas, mediante a mostraxe de especies animais representativas; identificaranse as partículas de plástico e, xunto con outros factores de estrés ambientais, a sua influencia na saúde das especies e incorporación ás cadeas alimentarias, co obxectivo final de sintetizar todos os resultados destas investigacións nun modelo baseado no peso de evidencia (Weight of Evidence, WoE, en inglés).
O proxecto RESPONSE está financiado pola "Joint Programming Initiative for Healthy Oceans and Seas" (JPI Oceans) e mediante o apoio das seguintes axencias nacionais: Bélxica - Oficina belga de política científica (BELSPO) ; Dinamarca - Fondo de Innovación Dinamarca (IFD); Estonia: Ministerio de Medio Ambiente da República de Estonia (MoE) e Consello de Investigación de Estonia (ETAgz); Francia - Axencia Nacional de Investigación (ANR); Alemaña: Ministerio Federal de Educación e Investigación (BMBF); Irlanda: o Marine Institute (MI) e o Departamento de Vivenda, Planificación e Goberno Local (DHPLG); Italia: Ministerio de Educación, Universidade e Investigación (MIUR); Noruega: o Research Council of Norway (RCN); Portugal - Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía (FCT); España - Axencia Estatal de Investigación (AEI); Suecia: Consello Sueco de Investigación para o Medio Ambiente, as Ciencias Agrarias e a Ordenación do Territorio (FORMAS).
Sitio web do proxecto: https://www.response-jpioceans.eu/
Entidade financiadora: Ministerio de Ciencia e Innovación
O proxecto Risbioplas está financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación – Agencia Estatal de Investigación, ref. 10.13039/501100011033
Entidades participantes: Universidade de Vigo, Universidade da Coruña (grupo QANAP, coordinador do proxecto)
Coordinador na UVigo: Ricardo Beiras, Catedrático de Ecoloxía
Inicio: 01/06/2020
Duración: 36 meses (2020 - 2023)
En proxectos anteriores, nomeadamente ARPA-ACUA, comprobamos que os polímeros que compoñen os plásticos convencionais (polietileno, nylon, PVC, etc) son totalmente inocuos, en termos ecotoxicolóxicos, mentres que certos aditivos funcionais que se usan para conferir mellores propiedades mecánicas aos obxectos fabricados con estes polímeros si poden levar asociados riscos químicos e resultar tóxicos para os organismos acuáticos. A toxicidade dos plásticos non radica nas partículas de plástico en si mesmas senón nos aditivos lixiviados á fase acuosa, polo que a investigación ecotoxicolóxica a priori destes aditivos pode fornecer información moi valiosa á industria do plástico para fabricar materiais inocuos.
Por outra banda neste novo proxecto ECOPLAS, poñemos o foco especialmente nos biopolímeros, que ao revés que o plástico convencional derivado do petróleo, fabrícase a partir de material biolóxico con obxecto de que sexa potencialmente biodegradable. A nosa colaboración co grupo de química ambiental QANAP da UDC, que coordina o proxecto, permite identificar as substancias químicas tóxicas emitidas polos plásticos no medio acuático.
As nosas investigacións no marco deste novo proxecto céntranse en biopolímeros tipo PHB (polihidroxibutirato) e PLA (poli-ácido láctico). Para o primeiro temos indicios de que presenta un mecanismo de toxicidade acuática diferente, non derivada do lixiviado de aditivos senón da liberación de micro e nanopartículas que resultan tóxicas para os organismos xa antes do aditivado. Debemos pois ser moi cautos e estudar en profundidade o posible impacto ambiental dos biopolímeros antes de recomendar a substitución de polímeros convencionais por biodegradables.
O proxecto Glaukos axudará ás industrias de materiais téxtiles e pesqueiros na súa transición cara a un modelo circular, onde se maximice o reciclaxe, se mitigue a fuga de (micro)plásticos ao medio ambiente e se use biomasa de orixe renovable como materia prima virxe. (número de referencia do proxecto: 887711).
Coordinador: Planta Piloto Europea Biolóxica (BBEPP, polas suas siglas en inglés)
Duración do proxecto: 48 meses (inicio: 01/06/2020)
Custo total do proxecto: 4.185.880 €
O proxecto Glaukos * desenvolverá innovadoras fibras téxtiles, e os seus revestimentos, que compatibilizen un excelente rendemento ambiental coas características técnicas adecuadas. Os traballos centraranse nos dous principais contribuíntes á contaminación por (micro)plásticos nos nosos océanos como son as artes de pesca e a roupa / téxtil. O obxectivo é redeseñar o ciclo de vida completo destes téxtiles, mellorando o seu rendemento de sustentabilidade (é dicir, biodegradabilidade e bio-reciclabilidade), pero sen esquecer que os requisitos técnicos dos materiais e produtos finais cumpran cos demandados polo usuario final.
Glaukos baséase en i) a biodegradabilidade desencadeable como concepto clave no deseño de polímeros, para mitigar a contaminación por (micro)fibras e ii) o biociclado, como solución sostible de final de vida. Ademais, reducirase substancialmente a distancia da cadea de subministración, obtendo a unidade base do polímero (ácido itacónico) de varias fontes de biomasa e mediante un modo de produción disruptivo.
O obxectivo subxacente en Glaukos é reducir as pegadas de carbono e plástico da roupa e materiais de pesca.
(* Glaukos é o deus grego do mar para os pescadores. Crese que protexía os océanos e esa é a ambición última deste proxecto, ao desenvolver alternativas innovadoras aos téxtiles que contaminan actualmente os nosos océanos)
Máis información:
Sitio web do proxecto: https://www.glaukos-project.eu/
2019
ALTERNATIVAS AMBIENTALMENTE RESPETUOSAS PARA POLIMEROS E OS SEUS ADITIVOS QUIMICOS EN MEDIO ACUATICO. (CTM2016-77945-C3)
Entidade financiadora: Ministerio de Economía e Competitividade.
Entidades participantes: Universidade de Vigo (Coordinador), Universidade da Coruña e Centro Tecnológico AIMPLAS
Coordinador: Ricardo Beiras, Catedrático de Ecoloxía
Concesión: 30/12/2016
Duración: 36 meses (2016 - 2019)
Importe: 403.560 €
Os plásticos son polímeros sintéticos de enorme utilidade en tódolos campos das actividades humanas polo que a súa produción global alcanza na actualidade os 300 millóns de toneladas ao ano, das que unha boa parte ten como destino final os ecosistemas acuáticos. Aínda que os polímeros son completamente inocuos, os obxectos de plástico levan na súa composición para conferirlles as propiedades desexadas centos de aditivos químicos diferentes (plastificantes, retardantes de chama, modificadores de impacto e estabilizantes fronte á radiación ultravioleta e os microorganismos, etc), algúns dos cales presentan controversia polos seus efectos tóxicos sobre os seres vivos e moi especialmente sobre o sistema endocrino. Estes aditivos non van ligados covalentemente ás cadeas do polímero e lixivian no medio acuático con facilidade durante os procesos de envellecemento do plástico suxeito ás condicións ambientais unha vez vertidos á auga.
O proxecto ARPA-ACUA pretende contribuír á selección de alternativas ambientalmente respectuosas no referente á composición química dos devanditos polímeros, con obxecto de minorar o impacto ecolóxico destes materiais e minimizar os seus potenciais efectos nocivos para o ambiente e a saúde. O proxecto combina a ecotoxicoloxía, a química ambiental e a ciencia de materiais, co dobre obxectivo de, por unha banda, seleccionar aditivos de utilidade para a industria que presenten menor impacto sobre o medio acuático de acordo a probas ecotoxicolóxicas con organismos mariños sensibles, e doutra banda, realizar unha avaliación a priori do risco ambiental de bioplásticos alternativos de menor persistencia e toxicidade. Os resultados do proxecto conferirán vantaxes competitivas á industria española do plástico considerando a crecente demanda destes novos tipos de plásticos ambientalmente inocuos a escala global.
Entregable T1,E1: Parámetros de Toxicidade de Aditivos Químicos de Plásticos [pdf] (es)
Entregable T2,E4: Review Endocrine disruption in echinoderms [pdf] (en)
2018
Valorización material de residuos plásticos recuperados do mar: caracterización, aplicacións e desenvolvemento de producto (RepescaPlas) 2017-2018.
Entidad Financiadora: Fundación Biodiversidad – Programa Pleamar
Coordinador: AIMPLAS
Socios: Fundación Global Nature, Asociación Vertidos Cero, Universidade de Vigo y Cofradía de Pescadores de Gandía.
FASE 2:
Duración: 12 meses (2018-2019)
Coste Total: 166.631 €
Actividad 4.3:Revisión: Efectos ecológicos de macro-, meso- y microplásticos [pdf] (es)
Máis información: https://programapleamar.es/repescaplasesiduos (es)
Noticias Ecotox: Repescaplas Plásticos Recuperados del Mar
Duración: 12 meses (2019-2020)
Coste Total: N/D
Actividad 4.4: Ensayos ecotoxicológicos de los residuos marinos y de sus productos obtenidos
Más información: https://www.programapleamar.es/proyectos/repescaplas-3-valorizacion-material-de-residuos-plasticos-recuperados-del-mar-protocolo-de (cast)
2016
Ecotoxicological Effect of Microplastics in Marine Ecosystems (EPHEMARE) 2016-2019.
Tríptico: [pdf] (en)
Máis información: http://www.jpi-oceans.eu/ephemare
2013
Impacto dos microplásticos, contaminantes regulados e emerxentes en ecosistemas mariños e establecemento dos seus criterios de calidade ambiental (IMPACTA) 2013-2016.
Tríptico: Criterios de Calidade Ambiental en Augas Mariñas [pdf] (es)
Máis información: http://impacta2014.blogspot.com.es (fora de servicio)
2011
Transferencia de ferramentas para a Avaliación, Ordenación, Xestión e Educación Ambiental en Esteiros (TEAM MINHO) 2011-2013.
Máis información: http://www.team-minho.eu (fora de servicio)
© 1995 - 2024 Equipo de investigación ECOTOX.