You are here

Novas

Mostraxe de lixo mariño no porto de Marín

Mostraxe de lixo mariño no porto de Marín realizado o 21 de agosto de 2019 polo Grupo ECOTOX, da Universidade de Vigo, en colaboración coa cofradía de pescadores de Marín e a Asociación Vertidos Cero.

A Foz do Miñor, unha cloaca ao aire libre

A Foz do Miñor, unha xoia da natureza incluída na rede Natura, está dende hai anos convertida nunha cloaca ao aire libre que impide a comercialización do seu marisco, polos seus altísimos niveis de bacterias fecais, moi por riba dos tolerados pola lexislación. O estudo que realizamos, por encargo da Asociación Salvemos Monteferro, co apoio loxístico da Confraría de Baiona e financiamento do Concello de Baiona, ponlle cifras a este escándalo.

En pouco máis de 30 anos haberá máis plástico nos océanos que peixes

Nova publicada no xornal "La Voz de Galicia" o 05/06/2019, no que se fai eco do proxecto Ephemare, coordinado e liderado polo Prof. Ricardo Beiras, dende a Universidade de Vigo.

Ligazón: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/biodiversa/2019/06/05/impacto-poco-treinta-anos-habra-plastico-oceanos-peces/0003_201906G5E2992.htm

Pescadores de Plásticos

Video de 2 min da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo que presenta o traballo feito pola nosa Universidade dentro do Proxecto repesca-Plas, no que se traen a terra restos de plásticos recollidos por vascos de pesca, e se caracterizan para poder revalorizar estes residuos.

 

Os plásticos e o Medio Mariño

Recentemente o catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo Ricardo Beiras

Ricardo_Beiras

Micro 2018 (Radio5 - RNE)

Organizada polo Cabildo de Lanzarote, a illa canaria, reconocida como Reserva da Biosfera fai 25 años, convírtese estes días no centro mundial de investigación sobre os microplásticos. O Dr. Ricardo Beiras, catedrático de Ecoloxía da Universidad de Vigo, é entrevistado no programa de radio "Españoles en la mar" de Radio5 - Radio Nacional de España (RNE).

Por qué a contaminación plástica é tan perigosa? A outra cara da moeda.

image1_1.jpg image2_1.jpg

 

 

 

 

 

Á esquerda, Pedro Campoy López, á dereita Alexandre M. Schönemann, ambos os dous inmortalizados perante o seu traballo cos disruptores endócrinos.

 

Un mar de plástico

Cada ano son botados nos océanos do mundo 8 millóns de toneladas de plásticos. Os máis pequenos, denominados microplásticos, son absorbidos polos organismos mariños. Pero descoñecemos qué consecuencias poden ter para a súa saúde e tamén para a humana. Un equipo da Universidade de Vigo coordina o proxecto europeo Ephemare, con científicos e institucións de 10 países distintos, que buscan dar resposta a esta incógnita.

 

A era do plástico

O programa "Equipo de Investigación", de laSexta tv, analiza a situación do plástico. Contan coa participación do Prof. Ricardo Beiras e o seu equipo, nas instalacións da ECIMAT.

Más información

Curso "Introducción ás ferramentas bioinformáticas para investigación", 30 e 31 de outubro na ECIMAT

Os días 30 e 31 de outubro de 2018 celébrase na ECIMAT o curso "Introducción ás ferramentas bioinformáticas para investigación", organizado por personal do grupo de investigación de Ecoloxía Costeira do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e impartido polo Dr. Alberto Molares, técnico bioinformático integrado no grupo de ecotoxicología marina (ECOTOX).

Pages

© 1995 - 2019 Equipo de investigación ECOTOX.