You are here

O blog de amolares

Curso "Introducción ás ferramentas bioinformáticas para investigación", 30 e 31 de outubro na ECIMAT

Os días 30 e 31 de outubro de 2018 celébrase na ECIMAT o curso "Introducción ás ferramentas bioinformáticas para investigación", organizado por personal do grupo de investigación de Ecoloxía Costeira do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e impartido polo Dr. Alberto Molares, técnico bioinformático integrado no grupo de ecotoxicología marina (ECOTOX).

O plástico

O seguinte video foi extraído dunha reportaxe realizada por xornalistas do programa "En el punto de mira" da canle Cuatro TV. Nel abórdase a problemática dos residuos plásticos dende os puntos de vista ambiental e de saúde humana. Neste video o Dr. Ricardo Beiras, xunto coas tamén investigadoras Tania Tato e Sara López, mostran a presenza dos microplásticos, fragmentos plásticos inferiores a 5 mm., en todo tipo de organismos marinos, incluso en estado larvario, e cómo esa presencia pode afectar ás cadeas tróficas mariñas.

RepescaPlas: plásticos recuperados do mar

Por Sara López Ibáñez

Hoxe en día, os ecosistemas mariños están sometidos a unha grande presión exercida polo ser humano a nivel global. Algunhas das causas que están provocando a degradación e incluso desaparición destes hábitats son actividades como a sobrepesca, a ocupación do litoral, as emisións de augas residuais, ou a xeración desmesurada de refugallos sólidos que van parar ó mar (o 80% procedentes da terra).

Microplásticos: a ameaza invisíbel

Os microplásticos (fragmentos plásticos de menos de 5 mm. de diámetro) están aparecendo en todos os espacios naturais, tanto terrestres como mariños. Un grupo de investigación da Facultade de Ciencias do Mar (Vigo, Galiza), liderado polo Dr. Ricardo Beiras, está analizando cómo se incorporan eses microplásticos ás distintas especies mariñas e os potenciais efectos tóxicos sobre estas especies. O coñecemento en profundidade dos efectos dos plásticos sobre a vida mariña permitirá identificar tamén posibles implicacións sobre a saúde humana.

VI International Symposium on Marine Sciences

Seis simposios de referencia internacional al mismo tiempo en un mismo lugar: ISMS, EOF, SIQUIMAR, REDIBAL, ISC CDM, y el WorkShop 'Patrimonio Cíes'. Expertos de todo el mundo están en el ISMS del 20 al 22 de junio en el Auditorio Mar de Vigo, en Vigo (España).

© 1995 - 2018 Equipo de investigación ECOTOX.