You are here

Estudo Integral Preliminar sobre as limitacións antropoxénicas á produción marisqueira na Ría de Arousa

No ano 2015 realizouse un estudo integral preliminar das limitacións antropoxénicas á produción marisqueira da ría de Arousa, encargado polas organizacións de produtores e cofradías de toda a ría e o Consello Regulador do mexillón a través da Plataforma para a Defensa da Ría de Arousa ao grupo de investigación Ecotox da Universidade de Vigo.

O estudo aborda tres temáticas principais:

1. O efecto das augas residuais urbanas procedentes de achegas costeiras, tanto a través de emisarios submarinos das Estacions de Augas Residuais Urbanas (EDARs) como de verteduras submarinas ubicadas na liña de costa, sobre tres zonas de forte produción marisqueira da Ría de Arousa: Cambados-O Grobe, Vilanova de Arousa, e Pobra do Caramiñal-Cabo de Cruz.

2. A avaliación do risco para o consumo de reló (Dosinia exoleta) afectado por altas concentracións de chumbo a través de experimentos de transferencia trófica.

3. A valoración das causas naturais e antropoxénicas das mortandades de moluscos infaunais no banco de Lombos do Ulla.

Os resultados da investigación están dispoñibles nos tres informes completos correspondentes:

Avaliación preliminar do impacto de augas residuais urbanas en tres zonas de marisqueo [pdf]

Mortalidades por baixa salinidade nol banco marisqueiro de Lombos do Ulla; modelado da relación salinidade‐mortalidade e estimación do impacto económico [pdf]

Transferencia trófica do Pb del Reló [pdf]

 

b_proxectos.jpg      b_areas_eg.jpg

© 1995 - 2019 Equipo de investigación ECOTOX.